O Alcalde de Lugo asiste ao inicio do III Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu ao acto de inicio do III Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO que comezou esta tarde no salón de actos da Deputación de Lugo e no que tamén participou a Vicepresidenta da Deputación de Lugo, Lara Méndez

Venres, 08 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Alcalde na presentación

O Congreso que remata mañá sábado 9  de maio contará coa participación de preto de 30 prestixiosos profesionais como Ignacio Escolar, xornalista e director de @eldiarioes; David Varona, redactor xefe en RTVE; David Lombao, director de Praza Pública; Juan Andrés Milleiro, director de Social Media de NH Group, ou Víctor Tasende, deportista e blogueiro.

Nesta ocasión, ata 30 destacados expertos en diferentes campos achegarán aos asistentes as claves de acceso a unha sociedade cada vez máis dixitalizada, coas súas vantaxes comunicativas e de cambio de modelo e os seus perigos froito da recente aparición e inmediata evolución.

Ademais mañá farase entrega dos Premios INLUGO e cos que se recoñece aquelas iniciativas, persoas ou organizacións da provincia luguesa que destaquen polo bo uso de Internet e novas tecnoloxías en diferentes ámbitos.

Para esta edición recolléronse máis de 50 candidaturas entre as catro categorías establecidas: Comercio, Lecer e Restauración; Educación e Formación, Cultura e Social e Tecnoloxía. 

Noticias relacionadas