O 19º Festival de Jazz de Lugo contará con primeiras figuras internacionais e nacionais

Luns, 02 de novembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar e Igualdade, participou esta mañá na presentación da 19ª Edición do Festival de Jazz de Lugo que terá lugar do 9 ao 14 de novembro promovido polo Concello de Lugo a través da Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo.

O Festival está organizado pola Asociación de Amigos do Jazz “Escobijazz”, un colectivo de lucenses unidos pola súa aficción por esta música e que se constitúe como asociación cultural no ano 1990, coa colaboración do Concello de Lugo, a S. A. de Xestión do Plan Xacobeo, a Fundación Caixa Galicia, a Deputación Provincial e a Universidade de Santiago de Compostela.

Os concertos principais dos que consta o festival desenvólvense no Círculo das Artes e no Auditorio da Fundación Caixa Galicia, e serán de entrada gratuíta.

O festival dará cabida, tanto a estrelas e primeiras figuras internacionais (Kurt Elling, Roy Hargrove, Kenny Barron…) como a novos valores do Jazz europeo (Wolfgang Muthspiel, Chris Kase, Sofía Ribeiro..), o máis destacado do jazz estatal (Colina-Miralta-Sambeat, Ignasi Terraza, Jaume Tugores…) e como non, los representantes do mellor jazz galego (Pablo Seoane, Javier Pereiro, Michel González...)

Cabe destacar que o Festival de Jazz de Lugo é o decano dos que se celebran en Galicia e que