Mañá ábrese de novo ao tráfico a rúa Dona Urraca logo da eliminación do tapón urbanístico que dificultaba a circulación dende hai décadas

Xoves, 21 de xuño de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A concelleira de Infraestruturas, Paz Abraira, explica que esta actuación, coa que a calzada gaña varios metros de anchura, posibilita o paso no futuro dunha das liñas do bus urbano por esta zona

Colocaranse bolardos para delimitar a zona de paso dos peóns que deste xeito gañarán seguridade. A zona e moi transitada por nenos e nenas que se dirixen aos colexios e institutos da Piringalla e por persoas maiores que van ao centro social do Castiñeiro

Mañá quedará aberta ao tráfico a prolongación da rúa Dona Urraca logo da eliminación do tapón urbanístico existente nesta zona, na confluencia das rúas Camiño Verde e Dona Urraca. Os traballos de reasfaltado remataron hoxe, polo que o novo vial, que gaña varios metros de ancho, estará mañá plenamente operativo.

A concelleira de Infraestruturas, a nacionalista Paz Abraira, que visitou esta mañá as obras, explicou que a eliminación deste tapón urbanístico era unha “demanda histórica” dos veciños da zona. O inmoble número 102, que se atopaba abandonado e fóra de ordenación, foi derrubado para mellorar o paso nunha zona que ata agora era moi estreita. O ensanchamento da rúa facilitará a conexión das rúas Dona Urraca e Camiño Verde con Mar Cantábrico e servirá para mellorar as comunicacións entre os barrios de Lamas de P