Máis de 7.000 persoas participaron nos programas de prevención de drogas e ocio alternativo do Concello de Lugo

Mércores, 25 de agosto de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Igualdade e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou o balance de participación nos programas de prevención e ocio alternativo organizados polo Servizo Municipal de Prevención de Drogas dependente da súa Concellería.

Nos talleres de prevención e intervencións realizadas con alumnos de primaria, secundaria, BAC, Menores de Asociacións e menores do Plan de Intervención Familiar, participaron 3.210 mozos e mozas.

Carmen Basadre tamén sinalou o aumento de visitas á páxina web lugo.es/prevenciondrogas, ao longo do ano 2010 e que se achegan ás 3.500 visitas. Os contidos aos que máis se accede son artigos sobre drogas e prevención, substancias e efectos, onde acudir, o glosario de termos e a información do programa de ocio alternativo +xtí. No relativo a atención familiar, a Concelleira sinalou que “en canto a asesorías, charlas, traballo con familias...chegamos a 1.359 familias neste curso”.

O Servizo Municipal de Prevención de Drogas funciona de forma continuada dende o ano 2004, sendo moi ben considerado polo Plan Nacional Sobre Drogas dependente do Ministerio de Sanidade. Conta co apoio dun psicopedagogo e un educador, e profesionais especializados para levar a cabo todos estos programas.

Carmen Basadre tamén se referiu ao traballo realizado no punto Xuvenil do Barrio do Castiñeiro “no que se está a facer un traballo moi importante en canto a reforzo educativo para os mozos e mozas e para os adultos. Nesa zona tamén se realizan actividades de ocio, que contan cunha participación moi elevada”.

Estas actividades fináncianse a través da Consellería de Sanidade