Máis de 2.300 rapaces asistiron xa ás representacións da XVII Mostra de Teatro Infantil

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, anunciou hoxe o éxito que está a ter a XVII Mostra de Teatro Infantil organizada pola súa Concellería en colaboración con Caixa Galicia.

A Concelleira explicou que “durante a primeira semana, do 16 ao 18 de outubro, na que se representou a obra Petit Cabaret, asistiron un total de 1500 alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria dos seguintes colexios: Divina Pastora, Menéndez Pelayo, Rosalia de Castro, Sagrado Corazón , A Ponte, Paradai, Fingoi, Illa Verde, Galén, Virxen da Soedade, Cervantes, Maria Auxiliadora, As Mercedes, Milagrosa, Maristas, Divino Maestro, Manuel Mallo, Quiroga Ballesteros, Luís Pimentel e Franciscanos”.

A segunda das obras, que se representou do 23 ao 25 de outubro, contou cun total de 800 alumnos e alumnas de 6º de primaria e 1º , 2º e 3º ESO, con gran éxito para os alumnos de secundaria. Participaron: Luís Pimentel, Divino Maestro, Maristas, IES Leiras Pulpeiro, IES Ánxel Fole, IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes, Quiroga Ballesteros, Paradai, Illa Verde, Galén. A Concelleira explicou “a enorme carga moral da obra: Rocas, ó contar a historia de dous rapaces que se adentran na delincuencia e que fará pensar en quen é o culpable da súa situación, eles ou o entorno”.

A programación da mostra continuará do 5 ó 21 de novembro con catro obras máis dirixidas todas elas a escolares de educación primaria.

Vieiro explicou que “pensamos tamén nos pais dos nenos polo que hai representacións para o público familiar cunha entrada de 1€ nenos e nenas e 2€ adultos en sesións de 19: 00 horas”.

O orzamento para esta Mostra de Teatro Infantil é de 47.000€, dos que 22.000 foron aportados pola Fundación Caixa Galicia.