Lugo volve a estar á vangarda do sector automobilístico co XII Salón do Automóbil

A Alcaldesa participou na inauguración deste evento dirixido a dinamizar o mercado automobilístico,  posto que se enmarca na aposta do Concello polos sectores estratéxicos da cidade

Venres, 10 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este venres no Pazo de Feiras e Congresos na inauguración do XII Salón do Automóbil de Lugo, a feira de vehículos de referencia na provincia e en Galicia, que se celebrará do 11 ao 13 e do 16 ao 19 de marzo. O Concello colabora con este salón dirixido a dinamizar o mercado automobilístico,  posto que se enmarca na aposta da entidade local polos sectores estratéxicos da cidade, como é o sector do automóbil.

A rexedora destacou “o éxito e boa saúde desta feira, que se reflexa e amosa na alta participación de concesionarios e marcas”. Ademais, subliñou a importancia do sector para a cidade e agradeceu á organización por celebrar unha vez máis este salón do automóbil en Lugo.

Noticias relacionadas