Lugo recibe a Fermín Cacho, lenda vida do atletismo

Venres, 11 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo recibe a Fermín Cacho, lenda vida do atletismo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este venres, no Salón de Plenos do Concello, a recepción da Corporación municipal a Fermín Cacho, padriño xunto a Abel Antón, da II Media Maratón Cidade de Lugo, organizada polo Concello e o Grupo El Progreso, que terá lugar este domingo e no que participarán 710 atletas de 18 a 65 anos. No acto, ao que tamén asistiu o Concelleiro de Deportes e Medio Rural Miguel Fernández, e outros membros da Corporación Municipal, a Alcaldesa enxalzou a traxectoria de ambos deportistas, dúas lendas vivas do atletismo. Lara Méndez lembrou en especial o xesto que tivo Fermín Cacho cara Tito Margaride ao dedicarlle a vitoria olímpica en Barcelona’92, “algo que todos os lucenses levaremos sempre no corazón”.

Fermín Cacho, nacido en Soria no ano 1969, conta con grandes éxitos cultivados ao longo da súa carreira profesional. Especialista na proba atlética de 1.500 metros lisos, conseguiu a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Barcelona’92 e a prata nos Xogos de Atlanta’96, entre outros galardóns.

Noticias relacionadas