Lugo marcha por 15º ano consecutivo pola igualdade entre mulleres e homes

Lara Méndez e Ana Abelleira encabezaron a andaina que partiu da Praza Maior para dar unha volta polo adarve da Muralla

Domingo, 11 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo marcha por 15º ano consecutivo pola igualdade entre mulleres e homes

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, encabezaron este domingo a XVI Marcha pola Igualdade, enmarcada na programación que organiza o Concello para conmemorar o Día Internacional das Mulleres. A marcha, á que asistiron tamén as concelleiras de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e a de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, xunto a outros membros da Corporación Municipal, arrincou na Praza Maior, diante da Casa Consistorial, e continuou pola Praza de Santa María para subir á Muralla pola rampla de Pío XII e dar unha volta completa polo seu adarve. Na andaina, as persoas participantes portaron uns paraugas conmemorativos.

Dentro das actividades para conmemorar o 8 de marzo, esta tarde no Vello Cárcere proxectarase o documental Cambia de papel, elaborado pola ONG Implicadas no Desenvolvemento. A longametraxe está dirixida e producida por María Reimóndez, fundadora do colectivo, o actor Lugis Tosar e a escritora Kutti Revathi. É un documental duns 35 minutos, no que se con