López Orozco apoia as reivindicacións dos lucenses para dotar de novos servizos ó antigo Hospital Xeral

O Alcalde en funcións, José López Orozco, acompañado por varios membros do seu Equipo, participaron esta tarde no enterro simbólico organizado polos veciños do barrio da Residencia para reivindicar que se dote de novos servizos ó antigo Hospital.

Xoves, 04 de xuño de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os lugueses reivindican o aproveitamento do antigo Hospital Xeral para novos servizos

O Alcalde en funcións, José López Orozco, acompañado por varios membros do seu Equipo, participaron esta tarde no enterro simbólico organizado polos veciños do barrio da Residencia para reivindicar que se dote de novos servizos ó antigo Hospital.

O Concello de Lugo vén reclamándolle á Xunta de Galicia que se aproveiten estas instalacións que quedaron baleiras e abandonadas desque se abriu o HULA para a apertura de novas dotacións como poden ser un Centro para persoas maiores.

Para o Alcalde en funcións, é intolerable o abandono e conseguinte deterioro nestas instalacións públicas, así como o efecto negativo que elo ten para o barrio da Residencia.

Noticias relacionadas