Lara Méndez reúnese co Presidente de Deputacion de Lugo para seguir colaborando conxuntamente en mellorar a vida dos lucenses

Lara Méndez, alcaldesa de Lugo e José Tomé, presidente de Deputación renovan o compromiso de colaboración para seguir traballando por Lugo

Lara Méndez e José Tomé mantiveron unha reunión na que afondaron na situación dos proxectos en marcha entre ambas institucións, que suman un investimento superior aos 3M€, e estudaron novas iniciativas para mellorar a vida dos lucenses

Martes, 01 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez reúnese co Presidente de Deputacion de Lugo para seguir colaborando conxuntamente en mellorar a vida dos lucenses

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez reuniuse este martes en San Marcos co Presidente da Deputación, José Tomé Roca, con fin de renovar a colaboracion entre administracións e mellorar a vida dos e das lucenses traballando de forma conxunta polo concello de Lugo.
 
No encontro, falaron da situación dos proxectos que o goberno de Lara Méndez e Deputación teñen en marcha de forma conxunta, cuxo investimento supera os 3M€, entre eles, o programa Life Lugo+Biodinámico  proxecto pioneiro na comunidade, que naceu como un espazo de investigación e divulgación e participación aberto ás empresas, a comunidade educativa e científica e á sociedade en xeral en colaboracion coa USC, o Plan Único a creación dun carril bici no paseo do Rato, o desdobramento e humanización da avenida Infanta Elena.
 
“Agradecer ó presidente da Deputacion que coma sempre abre as portas con miras de seguir colaborando e traballando en mellorar a nosa cidade e por suposto a nosa provincia con proxectos moi importantes”, explicou a alcaldesa de Lugo.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a re