Lara Méndez destaca en Ferrol á necesidade de xerar oportunidades económicas para reverter a situación da “Galicia valeirada”

A alcaldesa de Lugo acompañou á Corporación de Ferrol no San Xiao e felicitou a iniciativa de pór en valor o impulso cidadá na construción social dos nosos municipios

Martes, 07 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez destaca en Ferrol á necesidade de xerar oportunidades económicas para reverter a situación da “Galicia valeirada”

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañou esta mañá ao alcalde de Ferrol,  Angel Mato, e á Corporación desta cidade na festividade do San Xiao, xornada na que o concello entrega as insignias de oro da cidade e distingue ao Ferrolán do Ano, “recoñementos valiosos porque poñemos en valor a importancia das accións e do impulso cidadá na construción social dos nosos municipios”.

A rexedora, acompañada polas concelleiras de Economía, Paula Alvarellos;  Benestar Social, Olga López; Xuventude, Ana González Abelleira e o portavoz e concelleiro de Medio Rural Miguel Fernández, así como doutros membros da Corporación de Lugo, lembrou os azos de unión que unen aos dous concellos, irmandados desde hai 20 anos, “pero a amizade dos nosos pobos nos unes desde moito tempo atrás, reforzada en 1906 pola música”.

Méndez falou tamén dos retos en común que teñen os dous municipios, “e nestes intres, en momentos de incerteza económica, é importante que centremos esforzos na creación de emprego. Se falamos de revertir a situación da Galicia valeirada, non son suficientes os bos servizos, necesarios, e os modelos de cidade centrados no benestar, xa que sen a capacidade de impulsar a autonomía persoal que da un traballo non avanzaremos”, sostivo.

“Lugo e Ferrol compartimos os obxectivos de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, de impulsar un desenvolvemento socioeconómico xusto e igualitario, frear o despoboamento, crear emprego de calidade, así como fomentar os sectores productivos e os recursos autóctonos con maior potencial de crecemento”, destacou a alcaldesa de Lugo.

Neste sentido, fixo ademáis un chamamento á implicación das administracións, tanto da Xunta como no Goberno central, para desenvolver políticas industriais e situar as comunicación de Lugo e Ferrol á altura do resto das grandes ciudades galegas.

Insignias

O Ferrolán do Ano 2019 foi outorgado ó Racing de Ferrol, insignia que coincide co ano do seu centenario. En canto ás insignias de ouro, este ano foron para o colexio San Rosendo, que conmemora o seu 50 aniversario; a asociación Teima Down, que cumpre 25 anos de actividades e iniciativas; e o IES Leixa, premiado no Día Internacional contra a Violencia de Xénero polos seus traballos.

Multimedia

  • Lara Méndez destaca en Ferrol á necesidade de xerar oportunidades económicas para reverter a situación da “Galicia valeirada”

Noticias relacionadas