Exposto un Belén con representacións de distintos oficios tradicionais na Casa do Concello

Ferreiros, carpinteiros ou oleiros forman o Nacemento de pezas de madeira, obra do lucense Luis Manuel Santos Dobarro

Luns, 23 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Exposto un Belén con representacións de distintos oficios tradicionais na Casa do Concello

Dende este luns pódese ver na Casa do Concello un Belén con representacións de distintos oficios tradicionais. O autor deste Nacemento, situado na entrada do consistorio –xunto ao servizo de Cultura-, foi o carpinteiro Luis Manuel Santos Dobarro, da parroquia lucense de Tirimol, quen realizou todas as pezas expostas en madeira. Ademais do portal, conta cunha ferrería, un mesón, carpintería, granxa e olería, entre outros que se irán sumando os vindeiros días.

Noticias relacionadas