A experiencia de Lara Méndez, Rosana Rielo e Guido Álvarez nun obradoiro para desestigmatizar as profesións e empoderar aos nenos e nenas

A Alcaldesa, a Concelleira e o guía turístico asistiron, no colexio Illa Verde, ao obradoiro Empodérate!, un proxecto presentado e elixido pola cidadanía luguesa a través dos Orzamentos Participativos

O taller busca traballar en prol da igualdade no ámbito laboral dende idades temperás, para incidir en que a elección profesional que as nenas e os nenos realicen non debe estar limitada polo xénero, senón polas inquedanzas

Empodérate! ten unha segunda acción, a impresión de 2.000 unidades dun libro protagonizado pola familia dos Bolechas, incidindo na idea de que non existen profesións específicas para mulleres ou para homes

Martes, 09 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A experiencia de Lara Méndez, Rosana Rielo e Guido Álvarez nun obradoiro para desestigmatizar as profesións e empoderar aos nenos e nenas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, achegouse este martes ao colexio público Illa Verde, que acolleu o obradoiro