Esta mañá presentouse a XII + I edición do Circuito Larsa Corre con Nós con algunhas novidades

Venres, 09 de novembro de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As matrículas poderán facerse dende o 9 ata o 22 de novembro tanto en internet como na propia Concellería de Deportes

O Concelleiro de Turismo e Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou hoxe a XII+I edición do Circuito Larsa Corre con Nós, que inaugurará a temporada atlética lucense. No acto de presentación, o Concelleiro de Deportes estivo acompañado por diversos representantes das empresas patrocinadoras do evento, como Carlos Carballo de Divina Pastora Seguros, Pilar Santos, Xerente do Centro Cormercial As Termas, Jesus Méndez, representante de Caixa Rural Galega, Luis Lamas, Presidente de SOGAMA, Raúl Centelles, delegado comercial de Begano Galicia e Manolo Castiñeira.

Díaz Grandío salientou que “con este circuito o que se pretende é establecer hábitos saudables entre a nosa poboación, mantelos entre os que o teñen e facilitar que as persoas que non teñen como norma básica facer deporte se vaian involucrando a través destas actividades.”

Según anunciou o Concelleiro de Deportes, haberá un total de oito probas, que se disputarán ao longo do ano, intentanto superar as 10.000 participacións que tivo o Circuito Larsa Corre con Nós ao longo do ano pasado. José Manuel Díaz Grandío destacou “o progresivo incremento de participantes que cada ano ten o circuito, que xa é sen dúb