A Concellería de Deportes abre o luns, martes e mércores o prazo de matrícula directa para ximnasia e natación para maiores

As persoas interesadas deben realizar a súa matrícula, que será por orde de chegada, nas propias instalacións ás que queiran acudir á actividade, ou en Frigsa ou nas Pedreiras. O prezo é de 7,90 euros para todo o curso

Sábado, 02 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes e Medio Rural, dirixida por Miguel Fernández, abre o luns, martes e mércores, 4, 5 e 6 de setembro, o prazo para matricularse nas actividades de deportes para maiores, que se desenvolverán dende outubro polas mañás nos complexos deportivos de Frigsa e das Pedreiras. A matrícula realizarse de xeito directo, por orde de chegada, nas propias instalacións ás que se queira acudir á actividade.

As persoas interesadas, que deberán ser maiores de 65 anos, poderán escoller entre ximnasia de mantemento ou natación combinada. O prezo establecido é de 7,90 euros para todo o curso. Tanto en Frigsa como nas Pedreiras, ximnasia terá lugar os martes ou xoves, e natación os venres.

Para máis información de horarios pode consultarse a páxina web do Concello www.lugo.gal ou chamar ao teléfono de atención cidadá 010.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre as actividades de deportes para maiores | Descargar mp3

Noticias relacionadas