Comunicado do Concello de Lugo

Xoves, 29 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo comunica que debido a un erro na lista de direccións de envío aos medios de comunicación, foi colgada na páxina web municipal, lugo.gal, unha nota de prensa do Grupo Municipal Socialista sobre as propostas en relación co sistema ORA que foron debatidas na mañá deste xoves no Pleno ordinario da Corporación. O erro, polo que o Goberno pide desculpas, foi subsanado en canto foi detectado, retirando da páxina web a noticia.

Noticias relacionadas