A celebración do 15º aniversario da Muralla como Ben Mundial arranca cunha viaxe no tempo, música e desfile de tropas e lexións

Numerosos lucenses e visitantes gozaron dos primeiros actos conmemorativos, organizados polo Concello, que continúan mañá cunha solta de faroliños, ás 18:00 horas, no adarve

Sábado, 28 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Desfile de tropas e lexións

Numerosos lucenses e visitantes participaron este sábado na primeira xornada dos actos organizados polo Concello de Lugo para conmemorar o 15º aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade. O programa incluíu durante todo o día, de maneira ininterrompida entre as 11:30 e as 21:00 horas, unha viaxe no tempo a través dunha proxección de realidade aumentada diante da Mosqueira, que permitiu observar a Muralla e a súa contorna na etapa da súa construción e coa súa configuración orixinal. Pola tarde, a agrupación Batital ofreceu un concerto, tamén aos pés da Mosqueira, para seguidamente iniciarse un desfile de tropas e lexións romanas polo adarve da Muralla, no que tomaron parte ducias de persoas e asistiron a Alcaldesa, L