As catas históricas organizadas polo Concello de Lugo fan hoxe parada, de novo, no salón de Plenos

Carmen Basadre presentou a charla, impartida polo arqueólogo Javier Gómez, que versou sobre a Catedral e o Templo de Mitra

Xoves, 23 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As catas históricas organizadas polo Concello de Lugo fan hoxe parada, de novo, no salón de Plenos

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou hoxe as oito da tarde unha charla acerca da Catedral e o Templo de Mitra, lugares sagrados da nosa cidade. O poñente de dita conferencia foi o arqueólogo e historiador Javier Gómez Vila.

Esta actividade está enmarcada dentro do programa de catas históricas, organizadas polo Concello de Lugo, que levará aparellada unha posterior visita a estes monumentos o día 25 de marzo ás 11 da mañá, con saída dende o Concello .

Noticias relacionadas