Case 300 persoas participaron na terceira edición do programa Preto de Tí que organiza o Concello

Xoves, 30 de xuño de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e a Presidenta da asociación de mulleres con discapacidade ACADAR, Mónica Álvarez San Primitivo, fixeron balance hoxe do programa “Preto de tí”, organizado polo Concello dentro do Plan de Igualdade.

A Concelleira informou de que 27 entidades e preto de 300 persoas participaron las charlas, obradoiros e cursos do programa que se desenvolveu, nesta terceira edición, dende o 5 de abril ata o 23 de xuño. O programa “Preto de tí” tivo lugar dentro do II Plan de Igualdade e traballou en contidos referidos á violencia de xénero e a participación cidadá. As actividades trataron temas como a linguaxe non sexista ou o traballo en rede.

Basadre tamén explicou que o II Plan de Igualdade rematou e agora a Casa da Muller está facendo a súa avaliación da que se dará conta a todas as entidades. Tamén avanzou que para a elaboración do III Plan de Igualdade “poñerémonos en contacto con todo o asociacionismo e temos o propósito de que un dos seus eixos principais sexan as medidas de conciliación e corresponsabilidade”.

A Concelleira de Benestar Social tamén lembrou que este venres comezarán as Ociotecas e Aulas abertas que organiza este verán o Concello.

Mónica Álvarez San Primitivo, que coordinou esta edición do programa Preto de tí, sinalou que a valoración desta terceira edición foi moi positiva e dixo que este é un proxecto xa consolidado que ten os obxectivos de fortalecer o asociacionismo e a participación social. Tamén sinalou que nesta edición celebráronse cursos e obradoiros espe