A Casa do Deporte acolle unha velada de boxeo con Alberto Piñeiro “O Piña” o vindeiro venres 8 de maio

A partir das 23 horas terán lugar 6 combates profesionais e amateur

Luns, 04 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Presentación da velada de boxeo

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañado por Miki Sánchez, adestrador de boxeo, e Alberto Piñeiro “O Piña”, boxeador, presentaron esta mañá unha nova velada de boxeo Galicia Terra de Loitadores III, que se celebra este venres 8 de maio na Casa do Deporte, en Frigsa.

Así, a partir das 23 horas, celebraranse 6 combates diferentes nos que participarán tanto boxeadores amateur como profesionais e nos que o lucense Alberto Piñeiro “O Piña” competirá contra o boxeador profesional Fran González, que ten as súas costas máis de 27 combates profesionais e nos que loitou contra campións europeos e españois. O cartel desta velada de boxeo estará composto ademais por Omar Shackur, Christian Álvarez, Adrián “El Cazador” Miraz, e Diego “O Ferro” Couceiro.

Díaz Grandío destacou “un aumento do interese polo deporte do boxeo na cidade como consecuencia de novos boxeadores que están traballando moi ben e permite facer veladas cun boxeo de bo nivel en Lugo como en épocas pasadas”.

Miki Sánchez explicou que os combates son moi interesantes e o rival de “O Piña” ten un nivel moi alto con moita experiencia e invita a toda a cidadanía interesada en coñecer este deporte a achegarse a esta velada de boxeo.

Audio

Noticias relacionadas