Carmen Basadre presenta dous novos cursos de formación de carniceria e outro de aplicacións móbiles para mozos e mozas lucenses

Xoves, 27 de febreiro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou dous novos cursos de formación dentro do programa Formación +Xti dirixidos a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos.

Carmen Basadre destacou que “os cursos de formación anteriores funcionaron moi ben tanto do de panadería ou pastalería polo que pensamos que esta é unha boa forma de adquirir coñecementos para eses mozos e mozas que abandonaron os estudos ou que queren traballar en sectores que demandan profesionais cualificados”.

O primeiro curso que se vai celebrar é o de Carnicería e Charcutería, que ten 15 prazas e do que se abre o prazo dende hoxe e ata o 13 de marzo. Terá unha duración de 100 horas das que 60 serán de prácticas nos diferentes establecementos da Carnicería Piedrafita. Aquelas persoas que estén interesadas en asistir a este curso deberán presentar unha solicitude de praza na Oficina Municipal de Información Xuvenil que se atopa no Centro de Convivencia Uxio Novoneyra.

O segundo curso de formación é de Desarrollo de Apps e de xogos para Apps que terá unha duración de 120 horas. O prazo de inscrición abrirase o 20 de marzo e haberá que presentar a instancia na Casa da Xuventude.  Este curso de creación de apps está enfocado a mozos e mozas sen coñecementos na materia e a través do cal crearán ferramentas propias informáticas dende a plataforma Android. O curso de Apps divídese en tres módulos e en cada un deles aprenderase a usar ferramentas diferentes e bases de datos que permitirán aprender unhas nocións básicas para a creación destes programas.

Troco Xuvenil
A responsable da área de Xuventude tamén unha nova edición do Troco Xuvenil que vai ter lugar o 26 de abril nos soportais da Praza Maior e nos que os mozos e mozas que e acheguen poderán intercambiar materiais como videoxogos, libros ou roupa que non usen por outras pezas que poidan ser do seu interese. Para participar cun posto hai que inscribirse na Casa da Xuventude.

Noticias relacionadas