Ata o vindeiro luns está aberto o prazo para presentar carteis ó concurso do Arde Lucus MMXV

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, informa de que o prazo de presentación de orixinais ó Concurso do cartel Arde Lucus 2014estará aberto ata o vindeiro luns, día 23 de febreiro

Luns, 16 de febreiro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As bases deste Concurso establecen un premio de 1.000 euros para o cartel gañador. que será o que anuncie a festa nesta XXMMV edición.

Por cuarto ano consecutivo, un xurado cualificado será o encargado de escoller a obra que máis represente o espíritu da Festa declarada de Interese Turístico e no que pode participar toda a cidadanía con traballos que deben presentarse en tamaño A3.

Os carteis obrigatoriamente terán que levar os seguintes compoñentes: Arde Lucus XXMMV, Festa de Interese Turistico Galego, a web do Arde Lucus, a data de celebración que serán os días, 19, 20 e 21 de xuño e os logotipos das redes sociais.

Os interesados poderán deixar os seus traballos, nun sobre pechado, na Casa da Xuventude en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.30 horas.