Aprazado o concerto previsto para mañá de Ioana Pérez na Praza de Viana do Castelo por mor dunha lesión da artista

Xoves, 28 de agosto de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, comunica que queda aprazado o concerto de Ioana Pérez, por mor dunha lesión da artista, que estaba previsto para mañá ás 21:00 horas na Praza de Viana do Castelo.

Dende a Concellería tamén se informa que este concerto celebrarase proximamente, en data por determinar e que se anunciará no seu momento.

Esta actividade enmárcase dentro do ciclo Músicas ao teu carón, que  forma parte da programación de verán organizada pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua.

Noticias relacionadas