Ana González Abelleira presentou o programa de actividades do Día Internacional das Mulleres adicado á presenza feminina no mundo da cultura

Luns, 04 de marzo de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá o programa de actos previstos para a celebración do Día Internacional das Mulleres e que se celebrarán ao longo de todo o mes de marzo con diferentes actividades.

González Abelleira lembrou que “o mes de marzo é o mes no que temos que reivindicar o papel feminino na arte e na cultura polo que a maioría dos actos van dirixidos a darlle valor as mulleres que traballan neste eido”. Neste sentido avanzou que o día 8 de marzo se celebra a entrega de premios “Entre Mulleres”, a Marica Campo e Tareixa Campo, pola súa labor na cultura lucense. Tamén no acto se fará unha homenaxe a título póstumo a Concepción Basanta, primeira presidenta de Mans Unidas en Lugo.

A responsable da área tamén anunciou a celebración da X Marcha pola Igualdade que se celebrará o sábado 9 de marzo e na que, como novidade, os participantes poderán participar no “bookcrossing”. Así, deixaranse libros en diferentes lugares da Muralla para que os que os atopen poidan levalos para a casa.

Outra das actividades, será un obradoiro baixo o lema O autocoidado á través da saúde sexual impartido pola asociación Acadar, e que terá lugar os días 11, 13, 15, 18 e 20 de marzo entre as 10:00 e as 13:00 horas, haberá que inscribirse antes