A Alcaldesa solicítalle ao Delegado da Xunta en Lugo darlle solución ás necesidades dos lugueses e luguesas

Lara Méndez mantivo un encontro con José Manuel Balseiro, no que lle entregou un dossier cos temas pendentes da Xunta coa cidade

Xoves, 05 de xaneiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este xoves unha xuntanza de traballo co Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, na que a rexedora lle entregou un dossier das necesidades dos lugueses e luguesas, dossier que Méndez xa lle trasladara no seu día ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, concretamente en agosto de 2015. Neste senso, Lara Méndez, quen definiu a reunión como "agradable", confirmou que na xuntanza abordaron os temas incluídos no dossier, que contén, entre outros, a dotación de Hemodinámica 24 horas, creación de prazas públicas de residencia de maiores e garderías públicas, saneamento da zona rural, equipamento do auditorio, construción da Ronda Leste e dunha Estación Intermodal, a execución do Plan Paradai e a rehabilitación de vivendas; así como a súa situación a día de hoxe.

A rexedora solicitoulle ao Delegado darlle solución "paulatinamente, sen presa pero sen pausa" a estas necesidades e débedas históricas, ao tempo que parafraseou as palabras do discurso de Feijóo, quen subliñou que non quere privilexios para Galicia pero non vai a consentir ser menos, facéndoas súas, afirmando que non vai consentir menos para Lugo.

Pola súa banda, Balseiro agradeceu a prontitude coa que se fixou este primeiro