A Alcaldesa solicita entrevistas coa Ministra de Fomento e cos presidentes da Deputación e a Confederación Hidrográfica

Lara Méndez quere abordar iniciativas pendentes destes organismos coa cidade e sacar adiante novos proxectos de dotación e mellora de infraestruturas e servizos que aumenten a calidade de vida dos lucenses e creen emprego

Luns, 24 de agosto de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, enviou sendas cartas á Ministra de Fomento, Ana Pastor, e aos presidentes da Deputación de Lugo, Elena Candia, e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín Muñoz, para abordar conxuntamente iniciativas pendentes destes organismos coa cidade e sacar adiante novos proxectos de dotación e mellora de infraestruturas e servizos que aumenten a calidade de vida e o benestar dos lucenses, ademais de favorecer a creación de emprego e o desenvolvemento económico.

No caso de Fomento, entre outras cuestións, a Alcaldesa plantexará, entre outros moitos proxectos, a construción da estación intermodal, a chegada do AVE a Lugo ou o mantemento da ponte branca. Coa Confederación está pendente o estudo de hidrolóxico e hidráulico do municipio, necesario para a aprobación da totalidade do PXOM, e coa Deputación, o proxecto de iluminación do paseo do Rato, entre outras moitas cuestións.

A Alcaldesa enmarca esta rolda de contactos, que arrancou co Presidente da Xunta, na súa vontade “de manter un diálogo institucional aberto, fluído e cordial co resto de organismos co fin de sacar adiante xuntos iniciativas positivas para Lugo”. Méndez confía en que os titulares de Fomento, Deputación e Confederación convoquen canto antes o encontro.

Audio

  • Declaracións da Alcaldesa de Lugo sobre os novos proxectos de dotación e mellora de infraestruturas e servizos |Descargar mp3 

Noticias relacionadas