A Alcaldesa ratifica o compromiso do Concello coas reivindicacións dos veciños da Residencia, o 15% da poboación total do Concello

Lara Méndez mantivo unha reunión coa presidenta deste colectivo, Cecilia Vázquez; un encontro que se enmarca dentro da toma de contacto directo da rexedora cos veciños e cos colectivos que os representan

Venres, 17 de xullo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este venres unha reunión coa presidenta da Asociación de Veciños e Comerciantes da Residencia, Cecilia Vázquez, un encontro no que a rexedora lle ratificou o compromiso e apoio continuado do Concello ás reivindicacións dos residentes deste barrio, que supoñen o 15% da poboación total do municipio.

No encontro, que se enmarca dentro da toma de contacto directo de Méndez cos veciños e cos colectivos que os representan, adiantoulle a Vázquez que solicitou unha reunión co Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para “abordar as prioridades, demandas e proxectos necesarios para garantir o benestar dos veciños e o desenvolvemento económico do Concello, entre os que se atopa a dotación do antigo Hospital Xeral de novos servizos sanitarios de calidade”.

Nesta liña, Lara Méndez afirmou que “os populares desmantelaron e condenaron ao olvido ao barrio da Residencia. Prometeron un centro propio para os veciños da zona, situar un Punto de Atención Continuada, levar o laboratoio de Referencia e ata desdobrar o centro da Milagrosa, pero non fixeron nada malia as demandas e sucesivas manifestación dos veciños e responsables políticos do Goberno municipal e provincial de Lugo”. 

Noticias relacionadas