A Alcaldesa: “O Fluvial foi visionario, entendeu que Lugo ten que vivir cara o Miño. O Concello seguirá por esa senda co DUSI”

Lara Méndez participou na inauguración das novas instalacións do club, do que destacou o seu peso social –é o terceiro de Galicia en socios- e deportivo, tanto na práctica de base como de elite

Xoves, 09 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa: “O Fluvial foi visionario, entendeu que Lugo ten que vivir cara o Miño. O Concello seguirá por esa senda co DUSI”

“O Club Fluvial foi visionario. Entendeu que Lugo ten que vivir cara o río Miño. O Concello seguirá por esa senda coa estratexia DUSI, que nos permitirá continuar integrando o río na cidade”. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, fixo estas declaracións no concorrido acto de inauguración das novas instalacións do Fluvial, ao que acudiron, entre outras autoridades, o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o presidente do Consello Superior de Deportes, José Ramón Lete Lasa, e o Presidente da Deputación, Darío Campos, co presidente do club, Tito Valledor, de anfitrión.

A rexedora incidiu na “visión de futuro” coa que naceu o Club Fluvial no ano 1935 como Centro de Iniciativas Turísticas, anticipando xa “que ía ser un motor económico importa