A Alcaldesa negocia que Lugo sexa destino de cruceiros

A finalidade é atraer a máis turistas de calidade, tendo en conta que no mercado dos cruceiros existe un nicho importante deste tipo de turismo, que conta ademais cun alto valor engadido, capaz de xerar un impacto económico importante no municipio, "que Lugo está disposto a explorar e aproveitar"

Lugo regresa de FITUR confiado en ter neste 2018 un ano máis de récord para o turismo, pois o municipio conta con marxe de crecemento, tanto cuantitativo como cualitativo

Venres, 19 de xaneiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa negocia que Lugo sexa destino de cruceiros

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo, no marco da 38ª edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR), unha xuntanza de traballo con Alfredo Serrano, director nacional de Cruise Lines International Association (CLIA España), co obxecto de negociar que os pasaxeiros dalgúns dos cruceiros con porto no Atlántico inclúan de destino de visita, ben sexa como parada ou estancia, Lugo, para aumentar o turismo no municipio.

O Goberno de Lugo explicou que a finalidade é atraer a máis turistas de calidade, tendo en conta que no mercado dos cruceiros existe un nicho importante deste tipo de turismo, que conta ademais cun alto valor engadido, capaz de xerar un impacto económico importante no municipio, "que Lugo está disposto a explorar e aproveitar".

CLIA España é unha asociación que representa ás principais navieras que operan no país. Naceu coa misión de fortalecer a industria de cruceiros, unha das áreas que maior crecemento está experimentando nos últimos anos. De feito, calcúlase que nos primeiros seis meses de 2017 o tráfico de pasaxeiros de cruceiros polos portos espaois cehgou a 3,6 millóns de viaxeiros, unha cifra que duplica nunha década os 1,8 millóns de 2017. Os portos do Atlántico e Cantábrico creceron un 4,7% chegando a rexistrar máis de 355.000 viaxeiros, destacando dous protos galegos, o da Coruña e o de Vigo, con máis de 71.000 cruceiristas.

Lugo regresa de FITUR confiado en ter neste 2018 un ano máis de récord para o turismo, pois o municipio conta con marxe de crecemento, tanto cuantitativo como cualitativo. Igualmente, tras o seu paso por esta feira recoñecemento internacional, Lara Méndez e Carmen Basadre consideran que a presenza de Lugo abre novas perspectivas para a difusión do municipio, e unha delas pasa pola dos cruceiros.

Noticias relacionadas