A Alcaldesa de Lugo participa na tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia

Lara Méndez recibiu na Casa do Concello ao rexedor de Ourense, que foi o responsable de facer a Ofrenda na Catedral de Lugo

Domingo, 05 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo participa na tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada por membros da Corporación Municipal, recibiu este domingo na Casa do Concello ao rexedor de Ourense, Jesús Vázquez, que este ano foi o responsable de facer a tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, como Delegado Oferente.

A Ofrenda vense realizando na cidade dende o ano 1669 por parte dos representantes das sete capitais do antigo Reino de Galicia. Este acto solemne realízase só en Lugo, aínda que cada ano é unha das cidades a encargada da ofrenda.

Ademais de Lugo e Ourense, participaron outras cidades do Antigo Reino de Galicia, asistindo representantes de Betanzos, Mondoñedo e Tui, das Deputacións Provinciais, autoridades galegas e tamén locais.

Despois da Ofrenda, que tivo lugar na Catedral de Lugo, realizouse a procesión polas rúas da cidade.

Multimedia

  • A Alcaldesa de Lugo participa na tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia
  • A Alcaldesa de Lugo participa na tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia

Noticias relacionadas