A Alcaldesa asiste á inauguración da praza do Eixo Atlántico, no municipio portugués de Matosiños

Mércores, 02 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa asiste á inauguración da praza do Eixo Atlántico, no municipio portugués de Matosiños

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu este mércores ao acto de inauguración da praza do Eixo Atlántico, que tivo lugar en Leça da Palmeira, no municipio portugués de Matosiños. Este acto, organizado pola Cámara Municipal de Matosiños, foi en recoñecemento ao labor realizado polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, unha asociación transfronteiriza creada en 1992, co apoio da Comisión Europea. Esta asociación integra ás 34 principais cidades da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, entre as que se atopa Lugo.

Noticias relacionadas