Aberto o prazo de inscrición no Cotillón Solidario de Nadal en beneficio da Cruz Vermella

Venres, 19 de decembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, informa de que dende hoxe está aberto o prazo para inscribirse no Cotillón Solidario de Nadal, que se celebrará o venres 26 de decembro de 17:00 a 21:00 horas no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros dirixido a nenos e nenas do Concello de Lugo.

Este cotillón organízase en beneficio da Cruz Vermella e a recadación destinarase ao pago de becas de comedor escolar do programa que ten a entidade. Está dirixido a 200 nenos e nenas acompañados de adultos ata un aforo máximo de 450 persoas.

Para inscribirse hai que chamar do 19 ao 23 de decembro ao teléfono de atención cidadá 010, ou ao 982 297 350 para chamadas dende fóra de Lugo.

Noticias relacionadas