Centro de Interpretación da Muralla

Praza do Campo, 11
27001 Lugo , Lugo
Teléfono/s: 
982 251 658

O Centro de Interpretación da Muralla trata de explicar a historia e a influencia do monumento romano na cidade de Lugo ao longo da historia.

O museo, ubicado nun edificio do século XVIII, e en pleno casco histórico, ten catro andares adicados a catro épocas diferentes. Se ben, todos seguen a mesma organización. En cada un dos andares hai un vídeo no que se explica como ve a cidadanía o monumento e como inflúe no día a día da capital. Ademais, hai varias pantallas táctiles con simulacións sobre como era a cidade, con edificios, personaxes e lugares relevantes. Con esta distribución e elaboración dos contidos téntase que sexa o propio visitante o que decida canto tempo quere investir en ver o centro.

Entradas e visitas

  • Entrada gratuíta

Horario

  • Luns, martes e mércores de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas
  • De xoves a domingo de 11:00 a 18:00 horas 

Directorio