Casa dos Mosaicos

Doutor Castro, 20-22
27001 Lugo , Lugo
Teléfono/s: 
982 254 815

A Casa dos Mosaicos amosa restos, musealizados in situ, dunha domus de finais do século III ou comezos do IV. O seu principal atractivo é o mosaico da antesala e do oecus, con motivos xeométricos e figurativos.

Merece a pena observar tamén o sistema de calefacción por aire quente que se localiza baixo o perímetro dun dos comedores da vivenda, o que se coñece como hipocaustum.

A visita remata coa proxección dun audiovisual que fai unha reprodución virtual do que foi a vivenda, e incluso das orixes e o desenvolvemento da cidade de Lugo.

Entradas e visitas

  • Entrada gratuíta

Horario

Inverno

  • De xoves a sábado: 11:30 a 13:30 - 17:00 a 19:00
  • Domingo: 11:30 a 13:30

Verán (do 16 de xuño ao 12 de outubro)

  • De martes a sábado: 11:00 a 13.30 - 16:00 a 19:30
  • Domingo: 11:00 a 14:00

 

Directorio