Casa da Muller

Casa da Muller
Avd. da Coruña, 212 Parque da Milagrosa
27003 Lugo , Lugo
Horarios: 
L-V 09:00 a 14:00
Teléfono/s: 
982297412
Fax: 
982 297413

Que é?

Un servizo que promove a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no concello de Lugo e que é resultado da evolución no relativo á implantación de programas e equipamentos destinados á atención das necesidades das mulleres.

Entre outras:

  • Facilita atención personalizada e gratuíta sobre malos tratos, vexacións, ameazas e demais tipos de violencia contra a muller.
  • Deseña e coordina as políticas de igualdade de xénero do Concello de Lugo.

Que servizos prestan?

Atención social

  • Garantir a atención, o apoio e a protección social das mulleres vítimas de violencia de xénero e das súas crianzas cando así o soliciten.
  • Facilitarlles información e asesoramento específico e especializado en relación  coa violencia de xénero ás mulleres que voluntariamente así o requiran.
  • Proporcionarlles ás mulleres usuarias unha visón global e integral da situación de violencia que padecen e do proceso no que se atopan inmersas.
  • Mobilizar recursos persoais e sociais cos que as mulleres usuarias poidan visualizar posibles alternativas vitais e de futuro.
  • Apoiar, acompañar e reforzar os procesos de toma de decisións das mulleres usuarias.
  • Realizar o seguimento e o acompañamento social dos casos que así o requiran.
  • Efectuar derivacións e realizar informes para os servizos que pertenzan  aos distintos sistemas de protección social e que así o requiran (exemplo: SEPE  EDUCACIÓN, SAÚDE, SERVIZOS SOCIAIS, SEG. SOCIAL...)

Atención psicolóxica

  • Apoio, orientación e asesoramento de tipo psicolóxico en procesos de malos tratos e/ou de desigualdade de xénero.
  • Orientación na toma de decisións e axuda na abordaxe da sintomatoloxía emocional derivada deste tipo de procesos.

Atención xurídica

  • Separacións, divorcios, réxime económico do matrimonio, filiación...
  • Denuncias por violencia, non pagamento de pensións, abandonos de fogar...
  • Sentenzas incumpridas, xustiza gratuíta...

Acollemento

  • Atención e acollida en pisos en casos de violencia de xénero, pertencentes á Rede Galega de Acollemento.

Igualdade de xénero

  • Programación, coordinación e avaliación de plans, programas e proxectos relacionados coa igualdade de oportunidades e empoderamento das mulleres.
  • Apoio técnico ao Foro de Participación Cidadá en Materia de Igualdade do Concello de Lugo
  • Deseño e coordinación de programas de educación para a igualdade e a prevención da violencia de xénero dirixidos a  colexios e institutos.
  • Realización de obradoiros e charlas sobre igualdade de xénero dirixidos a persoal municipal, centros educativos, asociacións, colectivos,  clubs deportivos, etc.
  • Elaboración de materiais didácticos sobre igualdade de xénero e prevención da violencia de xénero.
  • Deseño,  organización e avaliación de campañas de sensibilización encamiñadas a modificar as actitudes discriminatorias cara ás mulleres e rachar cos estereotipos de xénero.

Biblioteca da Casa da Muller

  • Conta con exemplares de libros e audiovisuais sobre temas de xénero e igualdade.
  • Dispón de servizo de préstamo.

Apoio á conciliación

Programa Aprende Xogando para nenas e nenos dende 3 ata 12 anos.

Directorio