Preguntas frecuentes sobre o Arquivo Municipal

Onde está o Arquivo Municipal?
No Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197

27002 LugoLugo

Teléfono/s: 982297249
Fax: 982297259
Que servizos presta o Arquivo Municipal?

Información

Nas oficinas do Arquivo Municipal tanto o cidadán como o investigador recibe información personalizada sobre a consulta que desexa realizar ou a documentación que quere consultar.

Consulta de documentos

  • Consulta directa por parte do cidadán ou investigador dos fondos do Arquivo, previa solicitude, segundo condicións de acceso 
  • Consultas indirectas realizadas por carta, correo electrónico, fax ou teléfono
  • Consultas de biblioteca: o arquivo conta cunha pequena biblioteca auxiliar a disposición dos usuarios do Arquivo

Reprodución documental

Facilítase a reprodución de documentos textuais, gráficos (fotocopia ou papel) e imaxe dixital (nalgúns casos) previo abono das taxas correspondentes e aceptación dos procedementos e normas de reprodución de documentos.

Préstamos

Préstamos dos fondos documentais do Arquivo a outras Institucións Públicas e Privadas, segundo a dispoñibilidade de persoal.

Exposicións temporais e outras actividades culturais

O Arquivo realiza exposicións temporais, cuxo acceso é gratuíto, así como outras actividades para difundir os seus fondos e as fontes da historia da cidade.

Como acceder aos fondos do Arquivo Municipal?

Para consultar un expediente

  • Presentación de solicitude no Rexistro Xeral do Concello
  • Solicitude por correo postal
  • Solicitude por e-mail: arquivo@concellodelugo.org

Para solicitar información

  • Presentación de solicitude no Rexistro Xeral do Concello
  • Solicitude por correo postal
  • Solicitude por e-mail: arquivo@concellodelugo.org

Para copias de documentos 

  • Recordar marcar a casa do formulario de solicitude
Cales son os requisitos de acceso ao Arquivo Municipal?

Será necesario a identificación mediante DNI ou pasaporte.

Fóra da consulta de documentos de arquivo históricos que teñan carácter público, deberase de acreditar ademais a condición de interesado segundo lexislación vixente

Que prezos e taxas se aplican?

Por folio cotexado

  • Primeiro folio: 1,85 €
  • Restantes: 0,31 €

Por folio sen cotexo

  • Primeiro folio: 0,10 €
  • Restantes: 0,10 €

Por copias de planos

  • DIN A-4: 2,06 €
  • DIN A-3: 3,19 €
  • DIN A-1: 4,12 €
  • Por cada m2 ou fracción de exceso sobre DIN A-1: 10,15 €

Estas taxas están recollidas na Ordenanza Fiscal núm. 100 - Taxa por expedición de documentos administrativos

Como son as instalacións do Arquivo Municipal?

O Arquivo Municipal conta cun depósito de 370 m2, que alberga 3.200 m lineais de andeis, ou o que é o mesmo 24.000 caixas de arquivo, que conteñen miles de expedientes, ademais de libros, planos, fotografías e outros documentos.

Para optimizar o espazo e ter maior seguridade a maioría das unidades de instalación están colocadas en andeis compactus (andeis móbiles) metálicas. O Concello de Lugo segue unha política de compra anual deste tipo de andeis, ata que a súa dotación sexa completa, na actualidade constitúen máis de 2/3 das instaladas no depósito.

Para a súa mellor conservación tómanse unha serie de medidas de climatización, mediante o control da temperatura e humidade neste espazo. O depósito está dotado cun sistema de extractores de aire, que facilita o seu control.

O risco de incendio está controlado a través dun sistema automático de rociadores de auga (máis coñecidos como springklers), que non dana aos documentos xa que éstes están protexidos adecuadamente en arquivadores de cartón realizadas con ph. neutro para que tampouco as tintas se véxan afectadas, ademáis doutras medidas ordinarias tales como extintores e mangueiras de auga tradicionais.

Cal é a lexislación aplicable?

Normativa e lexislación

  • Ley 16/1985, de 25 de Junio, de la Jefatura del Estado, que regula el Patrimonio Histórico Nacional. (BOE 29 de Junio de 1985, núm. 155)
  • Real Decreto 111 /1986 de 10 de Enero, de desarrollo parcial de la Ley 16/1985, modificado por el Real Decreto 496/1994 de 17 de Marzo
  • Real Decreto de 22 Noviembre de 1901, del Ministerio de Instrucción Pública, por el que se aprueba el reglamento de los Archivos del Estado.
  • Decreto 307/1989, de 23 de Noviembre, que regula el sistema de archivos y el patrimonio documental de Galicia. (DOG 1 de febrero de 1990, núm. 23)
  • Ley 8/1995 de 30 de Octubre , del Parlamento de Galicia, que regula el Patrimonio Histórico-Artístico de Galicia. (DOG 8 Noviembre de 1995, núm. 214)
  • Ley 7/1985 de 2 de Abril, reguladora de las Bases de Régimen Local (BOE de 3 de abril, núm. 80; corrección de errores en BOE de 11 de junio , núm. 139)
  • Real Decreto 2568/1986, de 28 de noviembre, por el que se aprueba el Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las entidades locales.  (BOE de 22 de Diciembre de 1986, núm. 305; corrección de errores en BOE de 14 de Enero de 1987, num.12)
  • Ley 5/1997 de Administración Local. Normas Reguladoras. (DOG 5 de Agosto de 1997, núm.149 y BOE 3 de Octubre de 1997, núm. 237)
  • Ley 30 /1992 de 26 de Noviembre de Régimen jurídico de las Administraciones Públicas y Procedimiento Administrativo Común. 
  • Ley 4/1999 de 13 de enero, que modifica la ley 30/19992 de régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y procedimiento Administrativo Común, de 26 de Noviembre de 1992. (BOE 14 de Enero de 1999, núm. 12)
  • Decreto 270/1994 de 29 de Julio, de la Conselleria de Cultura, de adecuación de procedimiento administrativo a la Ley de 26 de noviembre de 1992 de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común. (DOG 26 de Agosto de 1994, núm. 165)
  • Ley 48/1978 de 7 de Octubre, que modifica la Ley 9/1968, de 5 de Abril sobre secretos del Estado. (BOE de 11 de Octubre de 1978, núm. 243)
  • Ley Organica1/1982 de 5 Mayo, de Protección Civil del derecho al honor , a la intimidad personal y familiar y a la propia imagen (BOE 14 de Mayo de 1982, núm. 115)
  • Ley 22/1987, de 11 de noviembre, de Propiedad Intelectual y Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de Abril, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Propiedad intelectual, regularizando, aclarando y armonizando las disposiciones legales vigentes
  • Ley 15/1999 , de 13 de diciembre, de Protección de datos de carácter personal
  • Ley 11/2007 de acceso de los ciudadanos a los documentos electrónicos