Preguntas frecuentes sobre Axenda 21

A Axenda 21 é un ambicioso programa aprobado na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Ambiente e Desenvolvemento celebrada en Río de Janeiro en 1992.

Que é Axenda 21?

A Axenda 21 é un ambicioso programa aprobado na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Ambiente e Desenvolvemento celebrada en Río de Janeiro en 1992. Este "Programa 21" ten por obxectivo sentar as bases dun modelo de Desenvolvemento Sustentábel.

O documento ten cerca de 540 páxinas e establece un programa de acción para o século XXI a ser adoptado polos diversos países, tornándose a base de moitos programas de acción nacionais. Os diferentes capítulos desta Axenda abordan as múltiples facetas da sustentabilidade como as desigualdades e a pobreza, a protección da saúde, a calidade do medio (auga, atmosfera, etc) , a biotecnoloxía, os recursos mariños, a produción e xestión de residuos ou a educación ambiental, até completar un conxunto de 39 capítulos. 

Cal é o xerme da Axenda 21?

Pensar globalmente, actuar localmente

A Axenda 21 nace na Conferencia do Río en 1992, como programa deseñado para atinxir un modelo de desenvolvemento sustentábel, establecendo as bases para o deseño de estratexias de desenvolvemento económico ambientalmente respectuoso.

Recollendo o testemuña de Río, dous anos despois celébrase a Conferencia Europea sobre Cidades e Pobos Sustentábeis, na cidade dinamarquesa de Aalborg, onde se firma a Carta que leva por nome a esta cidade. A denominada Carta de Aalborg é unha declaración de compromiso das autoridades locais para o desenvolvemento de programas e estratexias a prol do desenvolvemento sustentábel, fundamentalmente no eido local. Entre estes programas e estratexias o máis salientábel é a Axenda 21 Local.

O ámbito local, en canto unidade política máis pequena e próxima o cidadán, é concibido desde esta perspectiva como o ámbito de actuación privilexiado en relación coas problemáticas urbanísticas, económicas, sociais e ambientais o nivel local e de maior respecto o principio de subsidiariedade, pedra angular da idea de intervención local. Para tal, tórnase importante que os poderes locais inicien un proceso de diálogo con todas as entidades, desde escolas e universidades, empresas, e organizacións cívicas en xeral, co máximo de transparencia e diálogo.

Como se define Axenda 21?

"Cada autoridade local deberá iniciar un diálogo cos seus cidadáns, organizacións locais e empresas privadas e aprobar un Programa 21 Local. Mediante a celebración de consultas e a promoción dun consenso, as autoridades locaislocais van recibir achegas da cidadanía e as organizacións cívicas, empresariais e industriais locais e obterán a información precisa para formular as mellores estratexias".

Cap. 28 do Programa 21, Cimeira da Terra, Río de Janeiro, 1992

Que é o Espírito de Aalborg?

Na carta de Aalborg, as cidades e pobos europeos asinantes da mesma, tomando conciencia de que o actual modelo de desenvolvemento pon en cuestión o benestar futuro, comprométense a traballar xunto cos seus cidadáns a prol de un modelo máis xusto socialmente, economicamente equilibrado e ambientalmente respectuoso. é este o espírito que inspira a Axenda 21 Local, como programa para formular e abordar accións a prol da sustentabilidade no eido local. Este programa comeza coa avaliación do estado do municipio nos ámbitos ambiental, social e económico, e a construción dun amplo consenso acadado a través da participación de toda a comunidade. 

Este é tamén un proceso que esixe autoavaliación constante dos resultados obtidos a partir das accións implantadas, a fin de determinar o grao de cumprimento dos obxectivos propostos e modificar as accións a medida que muda a situación avaliada de partida.

Que é Eixo Atlántico?

O camiño da Axenda 21 Local. O Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular é unha asociación transfronteiriza de municipios, integrados por las 18 principales cidades do Norte de Portuga e de Galicia que configura o sistema urbano da eurorrexión. 

Dezaoito cidades competidoras por natureza, cooperan por vontade política en tres grandes áreas:

  • Cohesión interna
  • Desenvolvemento da Europa dos cidadáns
  • Cooperación interrrexional e transfronteiriza para o desenvolvemento local

+Info na web do Eixo Atlántico www.eixoatlantico.com

Como contactar coa coordinación de Axenda 21 Local de Lugo?

Coordinación da Axenda 21 no Concello de Lugo

axenda21@concellodelugo.org | Tel. 010