Lvcvs Cvltvral MMXVII

Como aperitivo ao Arde Lvcvs, o Concello, xunto con asociacións, ofrece medio cento de actividades de inspiración romana e castrexa

Do 22 de abril de 2017 ao 28 de xuño de 2017
Diversos espazos da cidade

O Concello, xunto coas asociacións de recreación histórica, ofrece medio cento de actividades abertas e gratuítas coa programación do Lvcvs Cvltvral, que arrincará o 22 de abril con obradoiros e xogos romanos e rematará o 28 de xuño cunha conferencia. O Vello Cárcere acollerá este ano o IV Encontro de moda, vestimenta, artesanía e produtos da época romana, e o Cantiño de Nemesio Cobreros, a mostra de moda e vestimenta. Cine arqueolóxico, un ciclo de conferencias, andainas e rutas, degustacións gastronómicas, un concurso e unha exposición de fotografía son outras das actividades contempladas no Lvcvs Cvltvral.

+ INFO