Almorzos Saudables

Do xoves, 2 de Marzo de 2017 a martes, 25 de Abril de 2017
En todos os Centros Educativos de Lugo

Os Almorzos Saudables consisten en servir aos alumnos e alumnas dos centros educativos participantes un almorzo a base dun lácteo, cereais, cacao, un boliño de pan, mel e unha peza de froita con pel, por mor da súa conservación. Ademais, nesta ocasión, vaise aproveitar para presentar algún alimento pouco habitual nos domicilios, como a callada, o mel ou algunha froita exótica, para que os nenos e nenas os proben.

Esta iniciativa do Concello conta coa subvención da Rede Española de Cidades Saudables, que está a servir de modelo en diferentes municipios de toda Galicia, en Asturias ou Barcelona. Desenvolvénse dende o ano 2004, e nesta edición, a décimo terceira, conta coa colaboración de Vegalsa-Eroski, Ingapan, Puleva-Lactalis, a Asociación Provincial de Apicultores, a USC e a Asociación de Alumnos de Nutrición (ADINU).

En cada un destes almorzos hai unha representación coa tía Enriqueta, unha marioneta con acento inglés, que dará as explicacións dos alimentos, os costumes saudables e a súa información nutricional. O alumnado de nutrición colaborarán en cada sesión dando consellos nutricionais a quen así o requira.