Servizo de Protocolo

Nos últimos anos, no desenvolvemento do Servizo de Protocolo adquiríu especial trascendencia pública a celebración dos matrimonios civís, pois este servizo é o responsable da tramitación e organización das vodas que se celebren no Concello.

As funcións do Servizo de Protocolo abranguen as seguintes competencias:

  • Recepción de visitas de autoridades e personalidades que pola súa representación merezan un trato especial.
  • Velar polo cumprimento, das tradicións e costumes que teñan arraigo no ámbito local ou territorial.
  • Colaboración con outras entidades, organismos e institucións públicas.
  • Despacho e recepción da correspondencia oficial (saúdas, felicitacións).
  • Celebración de matrimonios civís, que serán oficiados polo Alcalde ou concelleiro no que se delegue.

Teléfono/s: 
982 297 132
Fax: 
982 297 104

Directorio