Economía, Emprego e Desenvolvemento económico

Actualidade

A Alcaldesa avanza a licitación inmediata das obras para acondicionar 7 aparcadoiros disuasorios con 203 prazas gratis
Luns, 21 de maio de 2018

A Xunta de Goberno aprobará previsiblemente esta semana os pregos que rexerán a adxudicación do contrato para acometer o proxecto, que con 350.000€ de orzamento, estará listo a principios de ano, pois conta con 5 meses de prazo de execución

Localizacións: r/Alcalde Manuel Portela (46 prazas); r/do Buxo (24); avda. Reverendo Xosé Fernández Núñez (15); r/Pedro González López (14); Jacinto Calvo (30); Xosé Novo Freire (28) e Paradai de Arriba (46)

O Goberno poñerá a disposición da cidadanía 800 novas prazas públicas e gratuítas coas medidas xa tomadas e as que ten en marcha: aparcamentos disuasorios (203), párking do HULA (363), repintado das prazas da rúa que circunda o hospital (150) e apertura ao público do aparcadoiro do Seminario (80)

Esta nova actuación, a terceira de gran calado que saca adiante o Goberno en tres semanas, responde “ao modelo de mobilidade que temos deseñado co obxectivo de reducir o uso do vehículo privado, reducir a contaminación e mellorar a calidade de vida e a comodidade da cidadanía”

O comercio local saca á rúa descontos de ata o 80% na XII Edición do Street Market
Venres, 11 de maio de 2018

Ana Prieto destacou que esta xornada sempre tivo moi boa acollida entre as persoas visitantes e é unha maneira de fomentar o comercio de proximidade, un sector fundamental para a cidade

Lugo celebra o Día de Europa
Mércores, 09 de maio de 2018

Os actos arrancaron coa lectura na Praza Maior dun manifesto conmemorativo a cargo da Concelleira de Economía. Pola tarde, os nenos e nenas poderán participar en actividade e xogos tamén diante do Concello

Concello, Deputación e FADAS promoven o labor social de 15 colectivos lucenses coa 2ª Feira de Asociacións
Mércores, 09 de maio de 2018

A praza de San Marcos acollerá este venres de 11:00 a 21:00 horas a xornada na que asociacións da provincia ofrecerán aos visitantes información e asesoramento sobre os diferentes servizos que ofrecen durante todo o ano

Concello e Deputación destinan unha achega económica de 12.000 euros a FADAS que permite á federación lucense ofrecer atención profesional a máis de 8.000 veciños da provincia a través das súas programacións sociais

Maxia, música, danza ou xogos para os máis pequenos son só algunhas das actividades que forman parte da programación desta 2ª edición da feira que organiza FADAS

Participan FADAS, ADEGA, Asociación Aliad Ultreia, AMEIS, Asociación SocioEducativa Antonio Gandoy, Asociación Aviva, AXUNICA, Asociación Social Dez Portas, Asociación de Inmigrantes y Retornados Rioplatenses, LEDA, Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, Asociación Reiki Lugo, Asociación Shan Tidi, Taller de Solidaridad, e Asociación VENELU