Desenvolvemento Sostible e Persoal

Actualidade

A Alcaldesa preséntalle aos grupos da Corporación o anteproxecto para crear 7 caldas na contorna do Miño, cofinanciadas con fondos FEDER
Venres, 26 de abril de 2019

Fíxoo na xuntanza da Comisión de Seguimento do Muramiñae, que se celebrou esta mañá no Salón de Comisións

As piscinas deseñadas serán de acceso público e non afectarán ao caudal do río, xa que as augas que se empregarán serán da traída. Propóñense caldas integradas e nada invasivas coa contorna, respectuosas co medio e accesibles

Mércores, 24 de abril de 2019

As tarefas responden a diversas peticións da veciñanza. Contan cun orzamento duns 40.000 euros e un prazo de execución de dous meses e medio

Venres, 19 de abril de 2019

A veciñanza amosa ano tras ano unha boa acollida deste servizo, canle directa co Concello, e proba delo, é o uso continuo que fan do mesmo; favorecendo así as boas prácticas medioambientais

A tipoloxía das comunicacións recibidas, refírense, maioritariamente, a parques e xardíns, seguido de limpeza, recollida de lixo e sumidoiros

Entra en funcionamento o primeiro aseo autolimpable da cidade, instalado no Parque Rosalía de Castro
Luns, 15 de abril de 2019

Está programado para abrir de 09:00 a 22:00  horas. É gratuíto e o sistema está plantexado para abrirse automaticamente aos 15 minutos por seguridade e para evitar calquera contratempo