Deportes e Medio Rural

Actualidade

Lugo e China estreitan lazos de amizade deportiva
Mércores, 12 de setembro de 2018

Lara Méndez, Miguel Fernández e Álvaro Santos recibiron ao equipo de baloncesto Schenzhen Leopards, que disputarán mañá un partido amistoso contra o Breogán

Concello e Deputación apostan de novo pola promoción, dende a base, do xadrez en Lugo
Martes, 11 de setembro de 2018

Miguel Fernández, Pablo Rivera e Pablo Castro presentaron as novas actividades para o vindeiro curso da Escola Luguesa de Xadrez

Concello e Deputación promoven un torneo de baloncesto e un clinic, co Lugo é Basket
Martes, 11 de setembro de 2018

O torneo de baloncesto terá lugar o día 23 no Pazo dos Deportes ás 11: 15 horas, xogarán o anfitrión, Cafés Candelas Breogán - Montakit Fuenlabrada;  e pola tarde ás 18:00 horas, quenda feminina entre o Durán Maquinaria Ensino - Patatas Hijolusa León

Este evento serve para conmemorar os ascensos á máxima categoría destes clubs lucenses, xa que non se celebra un encontro na capital entre dous equipos de ACB desde fai 12 anos. A Deputación colabora coa AX Sagrado Corazón con 3.000 euros

Outra actividade complementaria será o Clinic que se celebrará o 15 de setembro no anexo do Pavillón, e contará coa presenza do adestrador Jota Cuspinera que explicará a súa experiencia como seleccionador da FEB e como axudante da liga ACB

Axenda

Os sábados 8, 15 e 22 de setembro de 2018

 Andainas gratuítas dirixidas á mocidade.

Do xoves, 29 de marzo de 2018 a domingo, 16 de decembro de 2018

A opción turística sostible do Concello perfecta para coñecer o patrimonio do rural volve unha edición máis, con 40 andainas gratuítas