Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua

Actualidade

Lugo acollerá a última fin de semana de marzo o Ludus Gaming Festival, cita indispensable para amantes dos videoxogos
Xoves, 21 de marzo de 2019

Rosana Rielo deu a coñecer este evento, de acceso gratuíto, que se celebrará o venres, 29 de marzo, de 17:00 a 22:00 horas, o sábado 30 de marzo, de 11:00 a 22:00 horas e o domingo, 31, de 11:00 a 20:00 horas

A cita está enmarcada na programación do Concello para potenciar as novas tecnoloxías e achegar á veciñanza ao mundo dixital. Está aberto tanto á mocidade como a público familiar que queira gozar co lecer dixital

Con este evento proxéctase o interese da tecnoloxía e reivindícase o papel do videoxogo como algo máis que un xogo, como unha oportunidade profesional, de emprendemento

Lugo prevé uns 5.000 asistentes a este festival, co que o Concello recupera un encontro que xa se realizou en anos pasados con características similares na cidade de Lugo e grande aceptación

O Ludus Gaming Festival estará composto por 8 zonas diferenciadas, 4 torneos e máis de 100 postos de xogo

Xoves, 21 de marzo de 2019

Mañá venres, ás 20:30 horas, Víctor Manuel presentará o seu novo traballo no Auditorio Municipal, Casi nada está en su sitio, nun concerto cunha duración de 70 minutos enmarcado na programación de Artes Escénicas

O sábado, este mesmo espazo municipal, tamén a partir das 20:30 horas, acollerá o espectáculo de Coprodución Centro Dramático Nacional e Octubre Producciones - Si no te hubiese conocido

Tamén o sábado ás 20:30 horas, o Vello Cárcere será o escenario da última actuación do ciclo Liberdades Sonoras. Josephine Foster, unha das voces máis carismáticas do folk estadounidense, será a protagonista. A entrada é de balde

Para domingo, o Concello programou unha visita gratuíta teatralizada ao Cemiterio Municipal de San Froilán, De quen ves sendo?, a cargo de Achádego Teatro. Arrincará ás 17:30 horas. Para particpar é necesario retirar invitación

Ademais, ao longo desta fin de semana continúa o Festival Atlántica, co que colabora o  Concello, e que acolle este ano por primeira vez Lugo. Contempla espectáculos para público familiar e adulto

20 anos non son nada homenaxea, no Vello Cárcere, a actividade do Espazo de danza da USC no seu vixésimo aniversario
Mércores, 20 de marzo de 2019

Esta mostra fotográfica, inaugurada este mércores no Vello Cárcere, inclúe imaxes de bailaríns, mestres e coreógrafos en espazos interiores e exteriores, tratando de amosar o traballo realizado por este Espazo ao longo dos 20 anos de historia

A exposición enmárcase no programa da XVII edición do Encontro Universitario de Danza que se celebrará o vindeiro 21 e 22 de marzo no Patio do Vello Cárcere ás 20.30 horas

Mércores, 20 de marzo de 2019

A asociación de recreación histórica Ara Roma será a encargada de dirixir o taller, que terá lugar das 11:30 ás 13:30 horas, no Centro Arqueolóxico de San Roque

En xornada de tarde será o percorrido pola cidade co seu fundador, a partir das 17:00 horas, dende o miliario da Praza de Armañá,  cun percorrido polos museos e aspectos romanos de Lvcvs Avgvsti

Para ambas as dúas actividades, que son de balde, é preciso inscribirse a través do 010 ou no 982297350 para os de fóra de Lugo. O prazo para anotarse aínda está aberto

Axenda

Sábados: 19 de xaneiro, 16 de febreiro e 23 de marzo

Programación de actuacións musicais destinada a amosar diversas formar artísticas ao redor da exploración e do descubrimento