Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua

Actualidade

A Banda Infantil realiza un ensaio aberto na Praza Maior dentro do Ciclo Lugo Ten Música
Luns, 24 de abril de 2017

Manuel Núñez asistiu a esta actuación organizado polo Concello, en colaboración coa Escola Municipal de Música de Lugo e a Asociación de Usuarios da Escola Municipal de Música de Lugo

A cidade inundarase de maxia os primeiros seis días de maio cunha nova edición do festival Lugo Máxico
Venres, 21 de abril de 2017

Carmen Basadre e o Mago Rafa presentaron a programación, para todas as idades, que achegará unhas corenta actividades á cidadanía, estreando dous lugares esta edición, o Vello Cárcere e as Casas das Linguas

O Concello valoriza o patrimonio monumental da cidade cunha coidada publicación sobre a historia do Cuartel de San Fernando
Xoves, 20 de abril de 2017

Carmen Basadre, Darío Xohán Cabana e Xabier Louzao presentaron a obra, “que queremos que sirva, non só para o coñecemento dunha obra arquitectónica, senón tamén para crear un estado de opinión cidadá sobre o seu futuro como Museo da Romanización de Galicia”, subliñou a Concelleira

Tres alumnas universitarias de Xapón traduciron no Concello información turística de Lugo ao xaponés
Xoves, 20 de abril de 2017

Carmen Basadre mantivo un encontro coas estudantes, que realizan prácticas en virtude do programa Vía Láctea, que promove o intercambio cultural entre universidades europeas e de Asia