Benestar Social, Igualdade e Inclusión

Actualidade

ANADE recoñecerá a labor de inclusión das persoas con capacidades diferentes nunha gala en Lugo
Mércores, 17 de abril de 2019

Ana Abelleira, Álvaro Santos e Ángeles Fernández presentaron a IX Gala de Entrega de Premios de Inclusión Social, organizada por este colectivo social, na que se recoñece o traballo a prol da inclusión social das persoas con capacidades diferentes

Nesta cita, entregaranse dous galardóns: o premio Galicia, destinado ao recoñecido actor do filme Campeones, Javier Gutiérrez; e o premio España e o resto do mundo para a Federación Madrileña de Deportistas con Discapacidade intelectual

ANADE conta actualmente con 15 usuarios en Lugo e busca achegar o mundo da arte e da creatividade ás persoas con capacidades diferentes, creando grupos de teatro

Mércores, 17 de abril de 2019

Comprenderá paneis electrónicos para información sobre aparcadoiros públicos, información municipal e eventos, información horaria e data, temperatura, canal publicitario conectable e avisos de interese cidadá

O prazo de presentación de proposicións será de quince días naturais dende a publicación do anuncio de licitación no Perfil do Contratante do Concello de Lugo, aloxado na Plataforma de contratación do sector público

Trátase dunha contratación que permitirá ofrecer máis e mellor información á veciñanza, pasando das 11 pantallas anteriores ata as 25 que contempla este contrato

É ademais un paso máis do Concello na modernización da imaxe de Lugo; pois os paneis anteriores, retirados en setembro, estaban obsoletos, limitándose só a proporcionar datos de hora e temperatura

O Concello favorece a conciliación en Semana Santa abrindo de novo a zona infantil da Praza de Abastos
Luns, 15 de abril de 2019

Concretamente farao hoxe luns, martes e mércores e o vindeiro luns, en xornada de mañá, de 10:30 a 13:30 horas. O tempo de permanecencia neste espazo de lecer será dunha duración máxima de hora e media

Méndez amadriña Muller e deporte no Xirakarting cun chamamento a rematar coa discriminación feminina no mundo deportivo
Sábado, 13 de abril de 2019

A Alcaldesa , que se subiu a un kart no circuíto instalado en Augas Férreas para reivindicar á igualdade, alertou dos riscos de retroceso nos dereitos das mulleres

Axenda

Do 26 de outubro ao 24 de maio

Iniciativa para crear un espazo de reflexión e estudo sobre o papel da muller na actualidade, dende un punto de vista feminista.