Benestar Social, Igualdade e Inclusión

Actualidade

O Foro de Igualdade apoia a folga feminista do vindeiro 8 de marzo
Xoves, 08 de febreiro de 2018

Na xuntanza desta mañá tratáronse distintas propostas para conmemorar o Día Internacional da Muller. Habilitarase un recuncho da muller no Vello Cárcere e terá lugar un ano máis a Marcha pola Igualdade e a entrega dos premios Entre Mulleres

O foro acordou instar á Xunta de Galicia para persoarse como acusación particular na Operación Carioca así como enviar a repulsa ao tratamento das mulleres prostituídas ou vítimas de trata nesta operación, tanto nos medios como no propio auto,  ao Fiscal Xefe