Benestar Social, Igualdade e Inclusión

Actualidade

Mércores, 22 de novembro de 2017

A autora do libro As miñas fillas devolvéronme a vida impartirá esta conferencia este mércores 22 de novembro ás 19:30 horas, na Biblioteca deste instituto, organizada pola ANPA deste centro educativo

O Concello convoca o concurso de fotografía Lugo En Negro Contras as Violencias Machistas
Venres, 17 de novembro de 2017

Ana Abelleira deu a coñecer este certame, que terá lugar dende mañá ao domingo 26 de novembro, a través das redes sociais do Concello (Cultura e Turismo Lugo e Desenvolvemento Local Lugo)

Para participar é necesario seguir a estas páxinas, ben en Facebook ou Twitter. Débese subir ao perfil persoal unha fotografía con material da campaña, co hasthatg #LugoEnNegro

A Deputación de Lugo colabora con este certame, que agasallará ás persoas gañadoras con 4 camisetas Contra As Violencias asinadas por xogadores do Breogán,  CD Lugo, Ensino e Emevé, todos eles implicados nesta campaña, e lotes de libros

277 maiores lucenses de etnia xitana atoparon emprego e 133 rapaces reciben orientación para superar a ESO
Xoves, 16 de novembro de 2017

Fixérono grazas aos programacións da Fundación Secretariado Xitano que financian con 48.000 euros ao ano os Gobernos do Concello e a Deputación de Lugo. Ana Abelleira e Sonsoles López mantiveron este xoves encontros con participantes

A Concelleira de Igualdade engadiu que “entre todos debemos conseguir a plena inclusión pola que loitamos día a día dende o Concello e a Deputación, así como dende as asociacións, e que mellor forma que facelo a través da formación e a educación”

A Deputada de Promoción Económica e Social subliñou que “traballamos para que os xitanos poidan ter as mesmas oportunidades educativas, laborais e sociais que o resto da sociedade e deste xeito eliminar as barreiras e os estereotipos que sofren no seu día a día”

Esta asociación leva funcionando dende fai 13 anos, prestando servizo educativo e laboral a máis de 500 xitanos e desenvolvendo todo tipo de accións que contribúen a alcanzar a plena cidadanía das persoas xitanas, a mellorar as súas condicións de vida

Axenda

Do domingo, 9 de abril de 2017 a domingo, 17 de decembro de 2017

O Concello ofrece 40 oportunidades máis para coñecer o rural lugués e os municipios limítrofes con este programa de andainas