Carta de servizos da Facenda Local

Presentación

A Facenda Local depende da Área de Economía e Emprego do Concello e encárgase da xestión dos tributos municipais e dos prezos públicos; así como das concesións administrativas no ámbito económico.

Servizos que prestamos

  • Informamos e asistimos ás persoas contribuíntes sobre os nosos servizos en horario de atención ao público (de 9:00 a 13:30 h).
  • Informamos sobre o estado de tramitación de expedientes.
  • Informamos sobre o estado de tramitación de recursos.
  • Xestionamos e liquidamos as taxas, impostos, contribucións especiais e prezos públicos municipais.
  • Emitimos os instrumentos de cobro: liquidacións, autoliquidacións e recibos.
  • Revisamos os actos ditados na vía de xestión tributaria.
  • Resolvemos expedientes de devolución de ingresos indebidos.
  • Resolvemos expedientes de concesión de bonificacións e exencións tributarias.
  • Resolvemos recursos e reclamacións en vía administrativa que afectan ás materias sinaladas.
  • Remitimos expedientes ós distintos tribunais.
  • Emitimos certificacións tributarias.
  • Elaboramos ordenanzas fiscais e prezos públicos.

Os nosos compromisos

  • Prestar unha atención personalizada e de calidade.
  • Facilitar información clara e precisa ao contribuínte.
  • Responder a todas as consultas telefónicas e presenciais formuladas polas usuarias e usuarios no momento. No caso de non ser posible, tomaremos o seu teléfono e porémonos en contacto coa persoa interesada no prazo de 2 días hábiles.
  • Emitir as certificacións tributarias no prazo máximo de 3 días hábiles.

Seguimento dos compromisos

  • Número de consultas telefónicas atendidas en prazo e porcentaxe sobre o total.
  • Número de consultas presenciais atendidas en prazo e porcentaxe sobre o total.
  • Número de certificacións tributarias emitidas no prazo de 3 días e porcentaxe sobre o total.

Onde estamos

Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197 - 2º andar 27002 Lugo

Horario de atención ao público

Atención presencial  Luns a venres laborables, de 9:00 a 13:30
Atención telefónica (010)  Luns a venres laborables, de 8:30 a 20:30. Sábados laborables, de 9:00 a 14:00

Para contactar connosco

Tel. 010 / 982 297 350
010@concellodelugo.org
www.lugo.es

Envíanos a túa opinión

Queremos mellorar día a día a nosa xestión. Por isto, necesitamos coñecer a túa opinión e suxestións sobre os servizos que prestamos. Agradecémosche que nola fagas chegar a través do Buzón do Cidadán