Biografía da Alcaldesa

Lara Méndez

Lara Méndez, Alcaldesa de LugoLara Méndez López (Suiza, 1972) é Enxeñeira Técnico Agrícola de profesión. Desenvolveu durante preto de dez anos a súa carreira profesional en diversos ámbitos, relacionados fundamentalmente co sector agrario e medioambiental.

Levou a cabo labores de docencia, impartindo cursos de formación no eido agrícola dirixidos a traballadores e emprendedores en diferentes puntos de Galicia, ademais de prestar asesoramento técnico en prácticas medioambientais.

Traballou así mesmo co movemento asociativo galego para o desenvolvemento do medio rural a través de proxectos financiados con fondos europeos. Entre outras iniciativas, impulsou como vicepresidenta da FADEMUR (Federación de Asociacións de Mulleres Rurais) a creación da federación deste colectivo en Galicia.

Tamén traballou na actualización das valoracións catastrais do solo rural na comunidade galega.

A súa traxectoria política arrancou no ano 2000 como Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de Cervo. Formou parte da Corporación Municipal cervense, Concello no que liderou a candidatura do PSdeG-PSOE nas convocatorias electorais de 2007 e 2011.

Foi Secretaria de Organización da agrupación comarcal da Mariña durante tres anos e membro da Comisión Executiva Nacional Galega do Partido Socialista con Emilio Pérez Touriño á fronte. De 2007 a 2015 foi a Vicepresidenta Segunda da Deputación de Provincial de Lugo. Dende xuño de 2015 é Alcaldesa de Lugo.